Convocatoria De Mobilidade Intercontinental Stella 2012 |
Domingo, 18 de Diciembre de 2011 17:00 |
No marco do Programa STELLA, de mobilidade intercontinental do persoal de administración e servizos,
promovido polo Grupo Compostela, ábrese a convocatoria de preselección de candidatos para estadías
dunha semana de duración para o intercambio de experiencias culturais e laborais en calquera
universidade que sexa membro do Grupo Compostela, e para estancias fóra de España e fóra da Unión
Europea.
Os candidatos da Universidade da Coruña interesados en mobilidades americanas (intercontinentais ou
dentro de América), deberán cubrir o formulario ‘Application form’ (1 formulario por candidato)
dispoñible na páxina Web do Grupo Compostela en
http://www.gcompostela.org/images/STELLA/applicationform_stella12.doc e remitirao a Oficina de
Relacións Internacionais a través do rexistro xeral ou rexistros auxiliares da UDC, antes do día 13 de
xaneiro de 2012
Os candidatos da UDC só poderán elixir
destinos no continente americano. Os destinos europeos ofertados van dirixidos aos candidatos de
universidades do continente americano.
A decisión da comisión de preselección de candidatos seralles comunicada aos candidatos titulares e
suplentes por correo electrónico. As candidaturas de dous titulares máximo seranlle enviadas ao Grupo
Compostela antes do día 22 de xaneiro de 2012 para entrar no proceso de selección final.
As estadías poderán programarse a partir do mes de marzo e deben rematar antes do 15 de decembro de
2012.Convocante:Universidade da CoruñaPlazo: Antes do día 13 de xaneiro de 2012 Leer más:
|
Newsflash
Consejos de Harvard para mejorar la vida sexual - Nexofin |
Consejos de Harvard para mejorar la vida sexual Nexofin Leer más: |
|
Pumas UNAM: Washington Corozo confiesa su admiración por Juan Pablo Vigón - Soy Futbol |
Pumas UNAM: Washington Corozo confiesa su admiración por Juan Pablo Vigón Soy Futbol Leer más: |
|
|
|
Sponsor
Barcemex
Barcemex . Programación de Páginas Web & Mobile Marketing en México, Latinoamérica y España
¿Quién está en línea?
Tenemos 217 invitados conectado(s)
|